A Asociación de Pesca Recreativa Burela manifestouse polo seu dereito a pescar no porto

AMariñaXa
A Asociación de Pesca Recreativa Burela convoca unha concentración o vindeiro mércores 10 de maio diante da explanada de ABSA ás 16.00 horas.
manifestacion portos recreativos pesca 2023
11 Maio 2023

A Asociación de Pesca Recreativa Burela convocou unha concentración diante da explanada de ABSA na que reclamaban que Portos de Galicia lles deixe pescar na zona azul que se atopa no porto de Burela.

"Pero Portos de Galicia considera a zona azul de especial actividade e require unha vixiancia especial. Pero é unha zona de amarre de barcos, así que non sabemos cal é a actividade especial", din dende a asociación.

Esta manifestación, que reuniu a unhas 70 persoas, discorreu tranquilamente e sen incidencias mentras coreaban letras como "somos pescadores, non somos delincuentes" ou "senón hai solución, Portos Lugo dimisión".

Segundo os pescadores "Portos di que o Concello ten que vixiar esa zona azul, e o Concello di que non quere ou non pode asumir esa competencia pois non hai ninguna Lei que regule ditas competencias".

Agora haberá que esperar a unha reunión coa presidente de Portos de Galicia, Susana Leguas, apra aclarar estas competencias e as posibles solucións para eles.

A Asociación de pesca Recreativa Burela naceu coa intención de chegar a acordos coas diferentes partes, respaldados por unha masa social e o apoio doutras asociacións, colectivos e a maioría do pobo de Burela. Tamén de impulsar a pesca recreativa responsable e sostible, "ensinando valores e dando a coñecer unha afeición a cativos e demáis personas interesadas".

0.19881105422974