A Asociación de Pesca Recreativa Burela convoca unha concentración

AMariñaXa
A Asociación de Pesca Recreativa Burela convoca unha concentración o vindeiro mércores 10 de maio diante da explanada de ABSA ás 16.00 horas.
asociacion recreativa pesca burela manifestacion pancarta
6 Maio 2023

Dende a Asociación de Pesca Recreativa Burela convocan unha concentración o vindeiro mércores 10 de maio diante da explanada de ABSA ás 16.00 horas.

Esta manifestacións será para reclamar a Portos de Galicia que "nos deice pescar nas zonas autorizadas e que a proposta que piden como convenio se inclúa nas zonas autorizadas", din. "Somos pescadores, non somos delincuentes", engaden dende a asociación.

A Asociación de pesca Recreativa Burela naceu coa intención de chegar a acordos coas diferentes partes, respaldados por unha masa social e o apoio doutras asociacións, colectivos e a maioría do pobo de Burela. Tamén de impulsar a pesca recreativa responsable e sostible, "ensinando valores e dando a coñecer unha afeición a cativos e demáis personas interesadas".

0.19167900085449