A Asociación de Pesca Recreativa Burela celebra a súa comida de confraternidade
AMariñaXa
Deste xeito, o colectivo continúa a dinamizar a súa proposta de actividades e a súa continuidade, pois na actualidade xa suma case un centenar de socios
27 Ago 2024
A asociación de Pesca Recreativa Burela celebrou a súa primeira comida de fraternidade. A cita, que tivo lugar o sábado 24 de agosto, coincidiu coa tempada alta de pesca, o que axudou tamén a xuntar un bo número de socios.
Deste xeito, o colectivo continúa a dinamizar a súa proposta de actividades e a súa continuidade, pois na actualidade xa suma case un centenar de socios. Ademais, continúa a súa aposta pola defensa desta actividade e segue loitando por conseguir máis zonas de pesca nos muelles e poñendo en valor esta actividade.