A asociación de pensionistas Val de Miranda da Pontenova organiza unha excursión

AMariñaXa
Programan unha excursión á Fonsagrada e Grandas de Salime, en Asturias
a-fonsagrada-museo-comarcal
13 Out 2024

A Asociación de Pensionistas e Xubilados U.D.P. "Val de Miranda" da Pontenova organiza unha excursión á Fonsagrada e Grandas de Salime, en Asturias, o próximo sábado 19 de outubro de 2024. A saída terá lugar ás 8.30 da mañá desde a Praza de Os Fornos da Pontenova, con regreso previsto para última hora da tarde. O prezo por persoa é de 40 euros, que inclúe as entradas ao Museo da Fonsagrada, unha posible visita ás Cárnicas Castelao, e unha visita ao Museo de Grandas de Salime.

Ademais, está incluída a comida e o transporte en autobús. As prazas son limitadas e o prazo para anotarse finaliza o martes 15 de outubro de 2024. Para inscribirse, os interesados poden contactar con Carballeria (659 988 451), José (619 414 023) ou Mª Carmen (676 053 392), ou falar con calquera membro da directiva da asociación. Esta é unha excelente oportunidade para gozar dun día de cultura, gastronomía e convivencia, visitando algúns dos lugares máis emblemáticos da Fonsagrada e Grandas de Salime.

0.091485023498535