A asociación de pensionistas e xubilados Val de Miranda da Pontenova organiza unha comida baile

AMariñaXa
A asociación de pensionistas e xubilados Val de Miranda da Pontenova organiza este sábado 27 de abril unha comida baile.
22 Abr 2024

A asociación de pensionistas e xubilados Val de Miranda da Pontenova organiza este sábado 27 de abril unha comida baile. A xornada terá lugar no local das sociedades a partir das 14.00 horas e terá un prezo de 15 euros para os socios e de 30 para os non asociados.

O prazo para anotarse remata este martes 23 de abril. El Lar de Balbina será o encargado de servir a comida. Os asistentes tamén poderán gozar da actuación do dúo Muralla ata as 20.00 horas.

0.11249613761902