A Asociación de Mulleres de San Ciprián acada un novo éxito co proxecto “Activa a túa mente”

AMariñaXa
A actividade desenvolveuse este mércores na Casa do Mar de San Ciprián e contou coa participación de arredor de medio cento de mulleres
programa-activa-a-tua-mente-alcoa-cervo
10 Apr 2026

O Concello de Cervo quixo recoñecer publicamente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián tras o éxito do seu proxecto Activa a túa mente, unha iniciativa seleccionada pola Fundación Alcoa con motivo do Día Internacional da Muller.

A actividade desenvolveuse este mércores na Casa do Mar de San Cibrao e contou coa participación de arredor de medio cento de mulleres. Ao longo da xornada leváronse a cabo distintas propostas, entre elas unha charla de estimulación cognitiva centrada na importancia do benestar mental.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, participou neste encontro acompañada pola concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada. Tamén estiveron presentes representantes de Alcoa, como Zaloa Blanco, xunto con Eva Fernández de la Calle e Carmen Rial, integrantes da rede de mulleres AWN de Alcoa San Ciprián.

Durante o acto destacouse a relevancia deste tipo de iniciativas para promover o benestar, a participación activa e o empoderamento feminino no ámbito local. Ademais, a asociación recibirá unha doazón en recoñecemento ao valor e interese do proxecto, que permitirá dar continuidade a novas actividades.

Dende o Concello puxeron en valor o papel fundamental que desempeña a Asociación de Mulleres de San Ciprián, subliñando a súa contribución á dinamización social, á igualdade e ao desenvolvemento persoal das mulleres no municipio.

0.11580419540405