A Asociación de Irmandade Ribadeo-Loctudy viaxará a Loctudy en a finais de xuño

AMariñaXa
A Asociación de Irmandade Ribadeo-Loctudy acordou as datas a propoñer para a súa visita a Loctudy en 2023 en xuño
Asociación de Irmandade Ribadeo Loctudy
Asociación de Irmandade Ribadeo Loctudy
8 Maio 2023

A Asociación de Irmandade Ribadeo Loctudy organiza a viaxe a esta localidade da Bretaña francesa do 30 de xuño ao 6 de xullo. O prezo será de 200 € por persoa.

A viaxe será en autobús, con paradas á ida para coñecer Auray e á volta para visitar Burdeos. O aloxamento será coas correspondentes familias de acollida e, durante a estancia, gozarase das diversas actividades que a Asociación de Loctudy está preparando. Polo que se sabe de momento, unha delas vai ser coñecer os cruceiros e calvarios estudados no seu libro As Cruces de Pedra na Bretaña, ao que eles teñen en estima.
Despois da experiencia de anos anteriores, só nos cabe destacar a insuperable acollida dispensada, o interese das actividades ofrecidas, así como o ambiente de plena camaradería e amizade percibidos polo participantes do noso grupo.
Desexamos animar ás persoas interesadas en dispoñer de máis información, a dirixirse a nós a través do teléfono 629 475 299 ou do correo electrónico irmandade.ribadeo@gmail.com.

0.10319185256958