A Asociación de Comerciantes de Viveiro pon en marcha a campaña Rasca e Gaña

AMariñaXa
Ten dobre obxectivo: fomentar as ventas do comercio local e premiar a fidelidade dos clientes
mercar-comprar-bolsas-comercio
1 Nov 2024

A Asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Rasca e Gaña con 20.000 premios. Este tipo de tarxetas con premios son un incentivo promocional moi exitoso, e compren un dobre obxectivo, por un lado fomentar as ventas no comercio local e por outro premiara fidelidade dos clientes.

Serán un total de 42 negocios participantes de tódolos sectores, polo que os premios serán moi variados. Participan: FYM Moda, Dr.Zapato, Kody, Sanjurjo Moda, Kalea, Misstic, Complementos Sulian,Versus, Tacones, Vogue, Pasteleria Vale, Muebles Catá, Bmd, Jonathans, CesarCocina y Baño, Biá-Biá, Nacar, Albo Zapaterias, Albo 55 Sneakers, Calzados Albo,Carlos Fotógrafos, Mimimó, Cobelinha, Optica Rosario, Tejidos Rogelio, Van Surf, VanSurf Sneakers, Africa Copias, Oscar Joyeros, Confecciones Justo Vazquez, Cocolatte, Platax, Sca Masajes, Peluquería Angeles Salgueiro, Latitud Doce, Mesón A Ria, FusiónCafetería, Delicias De Belkis, Cornelius Taberna, Pulpería O Panadeiro e Cafetería Cantábrico.

Poderanse atopar con premios como un porcentaxe de desconto nas próximas compras, descontos en sesións de estudio de fotografía, en masaxes, en experiencias en salóns de peiteados, ou en produtos de coidado do cabelo, ou premios como gafas de sol, téxtiles de cociña, reloxos, pendentes, alfombras de baño, regalos sorpresa, entradas de cine, cafés, cervexas, almorzos completos, merendas, hamburguesas, tostas, batidos, cubatas, ceas, botellas de viño, e moito mais.

Unha gran variedade de premios, que serán un total de 20.000, a desfrutar ata o 27 de novembro, dia en que finaliza esta campaña. O rascas serán entregados cas compras ou consumicións nos negocios participantes, o cliente que resulte agraciado cun premio deberá canxealo no negocio que indica o rasca. Os premios poden canxearse ou reclamarse ata o 27 de novembro (data máxima)e non son acumulables entre si nin a outras promocións.

Esta campaña conta ca colaboración da Xunta de Galicia dentro das actividades de dinamización dos centros comerciais abertos. Cabe lembrar, que a partir do dia 4 de novembro a Xunta de Galicia tamén pon en marcha unha nova edición dos Bonos Activa Comercio, polo que é unha fantástica oportunidade para gastar os 30 euros dos Bono e nesas compras acadar un premio nos Rascas do CCHV.

0.098105907440186