A Asociación de Comerciantes de Vegadeo sortea 200 euros en vales de compra

AMariñaXa
A Asociación de Comerciantes de Vegadeo (ASCOVE) está inmersa na celebración da campaña Volta ao Cole 2024
mercar-comprar-bolsas-comercio-1
6 sep 2024

A Asociación de Comerciantes de Vegadeo (ASCOVE) está inmersa na celebración da campaña Volta ao Cole 2024, que se desenvolverá durante o mes de setembro. Co fin de promocionar o sector comercial e de servizos do concello, fomentar a fidelización da clientela da área comercial de influencia, atraer, tamén, novos clientes e incentivar as vendas dos establecementos asociados participantes, promove a realización dun sorteo promocional de 200 euros en vales de compra (4 vales de 50 euros cada un), dentro desta campaña.

Participarán, salvo renuncia expresa, todos os establecementos asociados polo mero feito de manter vixente esta condición de socio á data. A efectos informativos, publicarase a listaxe actualizada de asociados na páxina web, publicación relativa a esta promoción. No referente á participación da clientela, queda expresamente prohibida a participación de menores de idade e incapacitados legal ou xudicialmente.

Os establecementos participantes na campaña entregarán aos seus consumidores os tíckets ou facturas coas súas vendas aos correspondentes clientes, sen necesidade de ningunha outra acción, tendo en cuenta a duración da campaña. Non poderán resultar premiados os propios asociados nin os seus familiares directos, así como tampouco os seus empregados, con tickets ou facturas do seu propio establecemento.

0.1269838809967