A Asociación de Comerciantes de Viveiro organiza unhas xornadas sobre redes sociais

AMariñaXa
En colaboración coa Oficina Acelera Pyme Asime de Lugo, organizan para os negocios asociados tres xornadas de formación en redes sociais
redes-sociales
Imaxe de arquivo
16 Maio 2024

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha dende o luns 20 unhas xornadas formativas sobre redes sociais. Nos últimos tempos os hábitos de consumo e a forma de mercar cambiaron moito. As novas tecnoloxías chegaron para quedarse e as redes sociais convertéronse nunha ferramenta moi útil para amosar os produtos a unha clientela moi ampla, son un escaparate do negocio pero a gran escala.

Utilizándoas ben poden ser un aliado moi bo para as ventas dos pequenos negocios. Por todo isto, dende o CCHV, en colaboración coa Oficina Acelera Pyme Asime de Lugo, organizan para os negocios asociados tres xornadas de formación en redes sociais, que se celebrarán durante tres luns consecutivos, de xeito presencial na sala multiusos do Concello de Viveiro.

A primeira xornada será o 20 de maio e tratará sobre como facer fotografías de calidade para as redes co móbil. Ter unas boas fotos do negocio e dos produtos que vendes é fundamental, aprender como facelas ben ou pequenos trucos de edición axudarannos a chegar mellor ós potenciais clientes.

A segunda xornada será o luns 27 e tratará sobre Instagram. Aínda que como dio refrán “unha imaxe vale máis ca mil palabras” se a acompañamos dun bo texto explicativo o resultado será moito mellor. Nesta xornada aprenderase todo sobre a rede Instagram e a crear contido de calidade para chegar a mais clientes.

A terceira e última xornada será o 3 de xuño e tratará sobre como facer publicade. Aprenderase a dar visibilidade aos negocios, canalizando a publicidade cara o noso público obxectivo. As tres xornadas terán lugar na sala multiusos do Concello de Viveiro, de 19 a 21 horas. Epara asistir é necesaria unha inscrición previa. Están dirixidos tanto a comercio, como hostalaría ou servicios. Serán impartidas pola Axencia de publicidade Donapubli en colaboración ca Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro, dentro dos servicios que se prestan ós negocios asociados.

0.080122947692871