A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña elabora galletas
A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña vén de elaborar artesanalmente unhas deliciosas galletas ao abeiro do proxecto de integración na comunidade Mental Health Chefs ou Cocineros de la Salud Mental.
As súa galletas son elaboradas artesanalmente con entusiasmo no obradoiro liderado pola chef Lola Rouco, e sacarase ao mercado o segundo lote de Caixas de Galletas Mariñas; unha edición especial para o Día da nai a un prezo de 5 euros.
A asociación ampliou os seus puntos de colaboración e venta das galletas ata o próximo domingo, e poderanse atopar por toda A Mariña, no Lugar das Marías de Xove, Regal Porta da Vila de Viveiro, A casa da avoa de Burela, A Campanilla en Cervo, A Sacabeira en Sargadelos, A aldea de Manín en Ribadeo, frutería Merce de Mondoñedo, restaurante Rías Altas de Barreiros, carnicería Luis de Lourenzá e Saborea Mondoñedo en Foz.
Asimesmo, tamén estarán á venta no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela, ata fin de existencias. Con esta iniciativa queren sorprender á xente, algo que redundará moi positivamente no aumento da autoestima dos participantes no obradoiro, tal como sucedeu polo día do pai.