A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña recibe unha axuda

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
17 Xan 2020

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña acaba de recibir unha subvención para desenvolver o Programa Velando pola miña saúde integral.

Este programa está a ser cofinanciado a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2019.

O obxectivo polo que se está a traballar é prestar apoio as usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental na atención integral da súa saúde.

Fotografía da educadora social que desenvolve o Programa consultando dispoñibilidade de citas médicas para as usuarias.

0.19526600837708