A Asociación de Acordeonistas da Mariña estará o sábado en Alfoz
AMariñaXa
O sábado 10 de decembro ás 19.30 horas haberá un concerto da Asociación de Acordeonistas da Mariña no salón de actos da casa da cultura.
7 Dec 2022
O sábado 10 de decembro ás 19.30 horas haberá un concerto da Asociación de Acordeonistas da Mariña no salón de actos da casa da cultura.
Será unha ocasión única para poder desfrutar da música a través da interpretación de 15 acordeonistas da nosa bisbarra. A entrada é de balde, ata completar aforo e está dirixida a todos os públicos.
A Área de Cultura municipal segue apostando pola música e o teatro neste mes de decembro e agradecendo a boa acollida por parte do público, non só de Alfoz senón de toda a Mariña que se achega a participar na oferta cultural do concello.