A Asociación Cultural Saiñas en Xove abre as inscricións para o novo curso de baile, pandeireta, gaita e percusión

AMariñaXa
A nova programación inclúe actividades para nenos e adultos, fomentando a aprendizaxe e o perfeccionamento da música e o baile tradicional galego
Asociación Cultural Saiñas de Xove
22 sep 2024

A Asociación Cultural Saiñas de Xove deu comezo ás inscricións para o seu novo curso 2024/2025, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender ou mellorar as súas habilidades en baile tradicional, pandeireta, canto, gaita e percusión.

As clases de baile tradicional terán lugar os venres, con grupos de iniciación para nenos e nenas a partir dos 4 anos, e tamén para adultos. As sesións de pandeireta e canto serán igualmente os venres, con clases desde os 6 anos, organizadas en función da idade e o nivel de experiencia.

Pola súa parte, os xoves estarán reservados para as clases de gaita e percusión, que incluirán tanto grupos de iniciación (a partir dos 9 anos) como grupos de perfeccionamento, para aqueles que xa posúan certa experiencia.

As persoas interesadas en participar poden contactar coa asociación a través do correo electrónico contacto@sainhas.org ou do número de teléfono 679 667 194.

O novo curso é unha oportunidade perfecta para achegarse á tradición musical e folclórica galega, tanto para novos talentos como para os que queiran perfeccionar as súas habilidades.

0.15298986434937