A asociación cultural Saíñas de Xove organiza o XIII Festival Infantil

A asociación cultural Saíñas de Xove organiza este sábado 8 de xuño o XIII Festival Infantil. A cita, que conta coa colaboración do Concello, será a partir das 18.00 horas no salón de actos do Concello. O grupo infantil Xoaniña estará acompañado polo grupo Mistura de Lieiro nunha tarde chea de diversión e alegría para todos.