A Asociación Cultural Fanto Fantini organiza un mercado para este domingo 7 de abril
A Asociación Cultural Fanto Fantini vén de organizar un mercado para este domingo 7 de abril de 11.00 a 19.00 horas. Esta cita será na praza da Mariña e se o tempo non o permite na praza de Abastos.
Dende o colectivo din que as persoas interesadas en participar poder facelo escribindo un email a fantofantinicomunicacion@gmail.com.
"Haberá artigos de todo tipo, vinilos, discos de música, láminas, roupa ou libros", din desde a organización, "ademais o 25 % do recadado será destinado ao festival Osa do Mar 2024".
O festival Osa do Mar celebrarase os vindeiros 6, 7 e 8 de setembro de 2024 e nesta ocasión contarán coas Tanxugueiras, Cala Vento, Futuro Alcalde, Jordana B, Mondra e The Rapants.
Este festival, que chega a súa décima edición, é un festival sen ánimo de lucro e organizado 100 % e desde o inicio pola Asociación Cultural Fanto Fantini.
As entradas ca están á venta en www.osadomar.com con prezos e descontos especiais ata o 29 de febreiro. Os empadroados en Burela terán un desconto de 10 euros nos bonos introducindo o código BURELA, farase comprobación posterior no rexistro oficial.