A asociación Cultural Burela Floral está a preparar a alfombra floral deste ano
Dende a asociación Cultural Burela Floral informan que están a preparar a edición deste ano da alfombra floral. "Será un acto atípico a como solemos traballar, pero dadas as circunstancias que estamos a vivir, realizarase un solo debuxo na praza do Concello de Burela", din dende a asociación.
Cubrirán a praza cun tapiz floral dunha superficie de 150metros cadrados e feito con materiais típicos como a viruta, as serraduras de madeira tinguidas, a flor e o sal serán os que utilizaremos, incluindo tamén algún que outro material co que estamos a experimentar.
A temática que abordarán este ano mistura dous conceptos como son o ano xacobeo e o mar. Burela é un pobo con ampla tradición costeira, por ela, pasa o Camiño do Mar, un percorrido de 140km dende Ribadeo ata Neda donde se une co Camiño Inglés. "Dende o punto de vista artístico quixemos facer una referencia tanto ao mar coma o camiño, cunha visión metafórica da realidade que nos rodea", engaden.
O sábado 5 de xuño comezarase pola mañá a confección na praza e alongarase ata acabar. Pode participar na confección toda aquela persoa que así o desexe, desde nenos a maiores, sempre cumprindo as normas sanitarias pertinentes.