A Asociación Camiña de Burela organiza actividades abertas e inclusivas para os meses de verán

AMariñaXa
A Asociación Camiña de Burela organiza actividades abertas e inclusivas para os meses de verán para todos os nenos
camina Burela actividades veran burela 2023
1 Jun 2023

Dende Camiña queren ser pioneiros en desenvolver actividades inclusivas para toda a infancia da comarca da Mariña. Por iso, levarán a cabo actividades abertas para todos os nenos e nenas, entre 3 e 12 anos de toda a comarca que queiran ter un verán divertido e diferente, compartindo experiencias que estamos seguros que lle servirán para favorecer a empatía cara os demais.

As actividades desenvolveranse por semanas temáticas nos meses de xullo e agosto e terán prioridade aqueles nenos e nenas con diversidade funcional, pero as actividades están abertas para toda a infancia.

O prazo de inscripción estará aberto ata o 20 de xuño e as prazas son limitadas, polo que se estabecerán criterios de selección.

As actividades terán un prezo de 30 euros por semana e aqueles nenos e nenas que sexan irmáns/irmás, terán un desconto na segunda inscripción.

Para anotarse e resolver dúbidas, deberase chamar ao 982 580 423 en horario de 15.00 a 21.00 horas, ou ben ir directamente á asociación.

camina Burela actividades veran burela 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.22168588638306