A asociación cabalar Rías Altas organiza unha ruta polo Vicedo
AMariñaXa
A asociación cabalar Rías Altas do Vicedo invita aos amantes dos cabalos a percorrer as praias do Vicedo o vindeiro 4 de xuño na súa nova edición da ruta.
20 Abr 2022
A asociación cabalar Rías Altas do Vicedo invita aos amantes dos cabalos a percorrer as praias do Vicedo o vindeiro 4 de xuño na súa nova edición da ruta.
A saída será a partir das 10.00 horas desde a casa da cultura ou do Mesón O Remo e farase unha parada ás 15.00 horas para o xantar que terá un prezo de 20 euros por comensal e estará amenizado por un Dúo Musical.
A organización lembra que para anotarse haberá que facelo antes do día 1 de xuño chamando ao teléfono 677 452 735 ou 652 399 628.
O colectivo demostra que a paixón polos equinos, que quedou reflectida en espectáculos coma as rapas das bestas este verán, segue moi viva na Mariña lucense.