A asociación burelesa Gaia levou aos cativos a coñecer o Sendeiro Azul

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
As monitoras do Centro Gaia, do Concello de Burela, realizaron un paseo por camiños costeiros desde onde se pode contemplar o mar e que discorren polo Sendeiro Azul, entre a zona da praia A Marosa e a praia de O Portelo, descubrindo desde outra perspectiva o encanto das súas preciosas paisaxes.
Captura de pantalla 2019 09 10 a las 8.40.26
13 Ago 2019

As monitoras do Centro Gaia, do Concello de Burela, realizaron un paseo por camiños costeiros desde onde se pode contemplar o mar e que discorren polo Sendeiro Azul, entre a zona da praia A Marosa e a praia de O Portelo, descubrindo desde outra perspectiva o encanto das súas preciosas paisaxes.

Neste traxecto estiveron acompañadas por socios pertencentes á asociación de sendeirismo Pasada das Cabras que “nos explicaron e ensinaron as coñecidas Tetas da Vinculeira, que algúns arqueólogos consideran torres monumentais que sinalan a entrada á fortificación castrexa e onde se atopou a peza máis importante da ourivaría mariñá, o Torques de Burela”, sinalaron as monitoras.

Desde Gaia e desde a Concellería de Medio Ambiente engaden que “con esta actividade preténdese que os máis pequenos desenvolvan actitudes de respecto polos espazos naturais, favorecer a actividade grupal e coñecer a historia de Burela”.

0.18189001083374