Aspanane celebra unha comida de confraternidade para pechar o ano

AMariñaXa
A Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro celebrou así a chegada do Nadal
VIVEIRO-16-DEC-ASPANANE
15 Dec 2024

A chegada do Nadal celebrouse pola Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (Aspanane) cunha comida de confraternidade para facer balance do ano. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asistiu á comida e destacou “o gran traballo diario que fai Aspanane”, así como “a colaboración fluída que temos entre o concello e a asociación”.

“A inclusión é unha prioridade para o noso grupo de goberno”, engadiu Loureiro. De feito, o concello colabora coas actividades de Aspanane cunha subvencion anual de 30.000 euros.

No 2023, o Concello de Viveiro asinou un convenio coa Deputación de Lugo para o acondicionamento do recinto exterior pechado co que conta Aspanane. A institución provincial aportou 50.000 euros e o concello 10.000 euros. “E o compromiso por suposto continuará, apoiando no que podamos á asociación”, rematou María Loureiro.

0.16458892822266