A Asociación Amado Lar do Valadouro celebra unha comida con baile

AMariñaXa
Será o día 1 de decembro ás 14.00 horas no bar Asturias
valadouro-amado-lar
9 Nov 2024

A Asociación Cultural Amado Lar organiza unha comida-baile para o domingo 1 de decembro ás 14.00 horas no Bar Asturias. O menú para degustar será de callos, codillo, bebida, postre e café. Tamén haberá prato alternativo ós callos.

O prezo presenta variación: socios e alumnado pagaría 20 euros por persoa e os socios poderán levar unha persoa acompañante; os que non son socios pagarían 25 euros por persoa e as crianzas de ata 10 anos (incluídos os alumnos), 15 euros por cabeza.

O baile estará amenizado por Juan de Celsa. Unha proposta con prazas limitadas e con data límite para anotarse ata o 26 de novembro. Poden contactar con Rosa ao 649 593 139 ou Cris ao 680 766 568 ou José M. Ao 653 175 778.

0.16438698768616