A asociación ACIA Burela solidarízase cos afectados pola DINA

AMariñaXa
Organiza unha recollida de produtos en dous puntos: Calzados de Tomás e Isabella
cca-burela
5 Nov 2024

A Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos (ACIA) de Burela quere aportar o seu grao de area para solidarizarnos coas persoas afectadas pola DINA, por iso, organiza unha recollida de produtos. O primeiro envío sairá o venres, 8 de novembro, directo de Burela a Valencia.

O material solicitado é: cueiros para bebé e adultos, material de puericultura (biberóns, chupetes, carriños de bebé,...), material de hixiene persoal (compresas, xabóns, pasta e cepillos de dentes,...), cadeiras de rodas, muletas, andadores, material de protección (máscaras, luvas, botas de auga,...), roupa interior, calcetíns, mantas, lanternas e pilas.

Para conseguir que este envío sexa produtivo piden dende a ACIA Burela a colaboración da veciñanza. As persoas interesadas en entregar produtos establecéronse dous puntos de recollida: Calzados de Tomás e Isabella.

0.19654297828674