A asociación A Medela de Xove prepara a XXIV Feira Nacional de Gando Cabalar

AMariñaXa
A asociación equina A Medela de Xove prepara para o 15 de maio a nova edición da XXIV Feira Nacional de Gando Cabalar.
1 feira nacional gando cabalar Medela Xove 2022
30 Abr 2022

A asociación equina A Medela de Xove prepara para o 15 de maio a XXIV Feira Nacional de Gando Cabalar.

A apertura do recinto para a presentación dos participantes e medicións dos cabalos será de 9.30 a 11.00 horas, e acto seguido darán comezo as probas de estampa e beleza comezando polos PRG machos e femias, despois cruzados machos e femias, e PRA machos e femias. Xa pola tarde continuarán coa serrada e a chapeada de -1.50, e a serrada e a chapeada de +1.50.

Tamén haberá quenda para os xogos de barriles, galope cruzados e xa por último será a entrega de premios que comezará ás 20.00 horas así como o sorteo dun xato.

Para participar no xantar é necesario apuntarse chamando ou mandando un Whatsapp ao 690 861 415 ou 616 631 495 antes do 11 de maio.

0.18350195884705