A asemblea xeral ordinaria de socios de Amadores da Música de Ribadeo será este sábado

AMariñaXa
A asociación ribadense Amadores da Música, que preside Elisa Álvarez Amor, convoca asemblea xeral ordinaria de soci@s para o día 22 de abril
14 Mar 2024

A asociación ribadense Amadores da Música, que preside Elisa Álvarez Amor, celebrará asemblea xeral ordinaria de socios este sábado, día 16 de marzo, no salón de actos da Casa do Mar, de Ribadeo.

Está fixada para as 20.00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda. A orde do día inclúe a renovación da xunta directiva do colectivo.

Na asemblea tamén se tratarán estes outros asuntos: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior; estado de contas da asociación; informe de actividades desenvolvidas; informe do director da Banda; e preguntas e suxestións.

0.063129186630249