A asamblea do BNG de Foz pide reflexión a todalas partes na xestion da residencia

Foz
AMariñaXa
A asamblea do BNG de Foz pide reflexión a todalas partes e propón unha mediación que permita conciliar os intereses na xestion da residencia.
21 Jan 2023

A asamblea do BNG de Foz pide reflexión a todalas partes e propón unha mediación que permita conciliar os intereses na xestion da residencia. 

"A xestión deste servizo quíxose sempre que fose público por que é así por competencia  estatutaria. Mais lamentablemente, no modelo PP de xestión neoliberal, a Consellería de Benestar esixe non so que a xestión se extrenalice nunha licitación privada, se non que o Consorcio de Benestar xestiona os centros como unha inmobiliaria, chegando a pedir que ao remate dos convenios se lles entregue sen usuarios nin traballadores. A realización dun novo convenio permitirá agora a cesión ao Concello que evitará este atropello laboral e social. Mais na transición, asistimos a un desencontro coa actual concesionaria que debería resolverse", din dende o grupo político nacionalista focego. 

O pleno do Concello en 2021, co acordo unánime de todolos grupos, solicitaba ao Consorcio que retome a xestión directa do centro. "Iste é o cerne do conflicto na sua negativa a aceptalo, e está actualmente en vias de solución co novo convenio, por tanto chegouse a un acordo. Mais tras da aprobación no pleno en decembro de 2022, sen votos en contra, do punto que resolvía notificar ao contratista a aprobación da prórroga, con indicación dos recursos, a empresa  disconforme, non acepta o acordo", engaden dende o BNG, "os servizos técnicos da empresa e o Concello chegan a conclusións opostas e a inquietude medra nos actores implicados, usuarios e familias, traballadores e veciñas".

O BNG de Foz solicitou á empresa que reconsiderada "as súas posturas inamovibles". "Existían esforzos previos do Concello para normalizar algunhas disfuncións na prestación dos servizos e mesmo nos dereitos laborais dos traballadores que fixo preciso o seu recurso ao Fondo de garantía salarial para recuperar cantidades que lles adebeda, mais non foi atendida a súa solicitude", din os focegos. 

"Vista a situación actual, a complexidade xurídica, e no mellor interese de tódolos implicados, dende a Asamblea do BNG de Foz consideramos que unha vía de solución pode ser a mediación. A mediadora sería unha institución pública competente en materia xurídica e/ou de servizos sociais, que permita as partes aproximar posturas para evitar incertidumbre e dar tamén así resposta a inquietude amosada po la plantilla e as familias usuarias", rematan dicindo. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18081903457642