A área de Igualdade de Ribadeo organiza unha charla sobre a endometriose

AMariñaXa
No marco da campaña para dar visibilidade á endometriose, a área de Igualdade do Concello de Ribadeo e o CIM preparan unha charla
1 Ribadeo Endometriose, a epidemia oculta
23 Jun 2022

No marco da campaña para dar visibilidade á endometriose, a área de Igualdade do Concello de Ribadeo e o CIM, en colaboración coa asociación QuerENDO, convidan a participar da charla Endometriose, a epidemia oculta.

Este encontro terá lugar o mércores 29 de xuño ás 20.00 horas no salón de actos da Escola de Música ubicada na rúa Clemente Martínez Pasaron, 10.

Ribadeo Endometriose, a epidemia oculta
0.14463996887207