A Apalpadora realizará 40 espectáculos por toda a provincia este Nadal

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas
a-apalpadora
10 Dec 2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove un ano máis a presenza de tradición propias nas datas de Nadal co espectáculo A Apalpadora, que se representará en 40 localidades ao longo deste mes de decembro.

O alumnado dos colexios de Cervo e Rábade acolleron hoxe as primeiras representacións deste espectáculo de narración oral e música en directo no que Antía Vázquez – a filla do Apalpador – e o musico André Espiñeira contan ás crianzas a historia deste personaxe do Nadal, transmitida a través da tradición oral, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán, e revitalizada na última década grazas ao impulso de asociacións e colectivos culturais de todo o país.

A deputada Iria Castro explicou que “se trata dunha programación que poñemos en marcha por quinto edición consecutivo desde a Vicepresidencia da Deputación e que reforzamos este ano, tratando de dar resposta ao interese cada vez maior das asociacións de nais e pais e das asociacións culturais, especialmente de concellos e parroquias rurais que buscan ofrecer propostas de ocio para estas datas. O espectáculo representarase en 40 centros educativos e espazos culturais de todas as comarcas durante este mes, achegando a nenos e nenas esta figura do Nadal galego e a súa historia”

O espectáculo

A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas.

Estará acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia. Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.

Calendario

  • Luns 9 de decembro
    Salón de Actos do Concello de Cervo. 10.30 horas.
    CEIP Otero Pedrayo. Rábade. 12.45 horas
  • Martes 10 decembro
    Salón de Actos de Ribas de Sil. 10.00 horas
    CEIP As Nogais. 12.30 horas
  • Mércores 11 decembro
    Auditorio Municipal de Chantada. 10:30 horas.
  • Xoves 12 decembro
    CPI Plurilingue de Castroverde. 9:30 horas
    CEE Santa María. Lugo. 12.10 horas.
  • Venres 13 decembro
    Escola Infantil Xela Arias. Sarria. 10:00 horas
  • Luns 16 decembro
    CEIP Menéndez Pelayo. Lugo. 9:30 horas
    CEIP Casás. Lugo. 11.00 horas.
    Espazo Semente. Lugo. 12.30 horas.
  • Martes 17 decembro
    Centro Ocupacional Aspanane. Viveiro. 10:15 horas.
    CEIP San Cosme de Barreiros. 12.00 horas.
    CEIP Gregorio Sanz.Ribadeo. 13:30 horas.
  • Mércores 18 decembro
    Escola Infantil Galiña Azul. Chantada. 10:00 horas.
  • Xoves 19 decembro
    CEIP Rosalía de Castro. Bóveda. 10.00 horas.
    CEIP Lagostelle. Guitiriz. 12:30 horas.
  • Venres, 20 de decembro
    CEIP As Gándaras. Lugo. 10.00 horas.
    CEIP Plurilingüe O Páramo. 12.00 horas.
  • Sábado, 21 de decembro
    Casa Cultura. Guntín. 11:30 horas.
    Local Veciñal Tuiriz. Pantón. 16:00 horas
    Club Fluvial de Monforte. 18:00 horas
  • Domingo, 22 de decembro
    Local Veciñal Amuraxe. Xermade.11.30 horas.
    Colexio de Moncelos. Abadín. 13:00 horas
  • Luns, 23 de decembro
    Pazo Xeral Paredes. Portomarín. 12.00 horas.
    Casa da Cultura. Burela. 16:30 horas.
    Local Social de Castro de Vilaronte. Foz. 18:00 horas.
  • Venres, 27 de decembro
    Multiusos Ponte de Cuñas. Lourenzá. 12:00 horas
    Casa da Cultura. Vilalba. 17:00 horas
    Salón de Actos Municipal. A Fonsagrada. 20:00 horas
  • Sábado, 28 de decembro
    Centro Sociocultural Friol. 12:00 horas
    Colexio de Pías. Lugo. 17:00 horas
    Casa da Cultura de Becerreá. 19:30 horas.
  • Domingo, 29 de decembro
    Local Veciñal de Gaioso. Outeiro de Rei. 12.30 horas
    Oficina de Turismo de Carballedo. 18:00 horas
    Colexio de Louseiro. Sarria. 20.15 horas.
  • Luns, 30 de decembro
    Salón de Actos Cuartel Vello. Taboada. 13:00 horas.
    Círculo O Saviñao. 17:30 horas.
  • Martes, 31 de decembro
    Local Veciñal de Carballido. Alfoz. 16:30 horas.
0.16201519966125