A antiga fábrica de salgadura do Vicedo
Por Ana Somoza López.
O Vicedo ten moito que ofrecer máis alá dos lugares máis coñecidos. Despois da visita obrigada ao Fuciño do Porco, hai que continuar a ruta por este municipio mariaño e chegar á praia de Caolín.
Alí, ademáis dun fermoso areal no que disfrutar as augas do Cantábrico, pódese coñecer a antiga fábrica de salgadura, lugar onde a pesca se salgaba para a súa conservación e posterior exportación a outras provincias de interior.
A fábrica estaba situada nun enclave destacado, por enriba da praia e trátas dunha das moitas que houbo pola contorna e que tivo o seu auxe entre os séculos XIX e primeiro terzo do XX.
Este sistema de tratamento do peixe foi moi importante para permitir a súa comercialización, sobre todo na zona do levante español.
En canto á organización do traballo, é destacable a presencia das mulleres xa que se incorpororon masivamente a esta actividade xa que era unha das poucas saídas laborais que ofrecía o mercado rexional da época. Unha fabrica de tamaño medio viña a ocupar ao redor de 20 mulleres, oscilando o numero de homes entre 4 e 8.
A aparición da industria da salgadura se remonta a finais do século XVIII pero consolídase no XIX e mantense con certa importancia ata o primeiro terzo do século XX. En Galicia, o principal peixe preservado en salgadura foi a sardiña e a súa actividade produtiva limitábase ao período entre xuño e xaneiro, aproximadamente.
O gran desenvolvemento desta industria estivo ligado á chegada dos empresarios cataláns a finais do século XVIII. Ademais, a maioría da produción de salgaduras tivo como destino principal o Levante español e o transporte facíase case sempre por mar.
O PROCESO. O peixe se descabezaba e evisceraba manualmente, unidade por unidade; despois introducíanse as sardiñas en pilas ou lagares cheos de sal durante 24 horas para, despois, ser introducidas en barrís e separados en filas por bos puñados de sal co fin de que non se tocasen, comercializándose sen prensar. Ao non extraerse a graxa a sardiña era unha mercadoría perecedoira porque en contacto co aire se oxidaba pronto tomando unha cor amarelada.
Ademais da transformación de peixe, nestas fábricas levábase a cabo a construción de toneis de madeira.