A antiga casa sindical de Ribadeo acolle mañá unha charla sobre ciberseguridade

AMariñaXa
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo organiza unha xornada formativa sobre ciberseguridade
charla ciberataques ribadeo
25 Xan 2023

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo organiza unha xornada formativa sobre ciberseguridade, que será impartida por membros da Garda Civil da Comandancia de Lugo. O acto terá lugar mañá, 26 de xaneiro, no salón de actos da antiga casa sindical. Será en dúas quendas, unha para a veciñanza e outra para o empresariado local.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “a xornada desenvolverase en dúas sesións. A primeira será ás seis da tarde e estará aberta a toda a cidadanía. Na mesma abordaranse os principais ciberataques que sofre ou pode sufrir a poboación en xeral e como evitalos. E xa ás oito será a charla para o empresariado. Neste caso a Garda Civil falará dos principais ciberataques empresariais e tamén darán consellos para poder previlos e así evitalos”.

Pérez Prada engadiu que “nos parece moi interesante impartir esta formación tanto a cidadáns como a empresas, xa que os ciberataques son cada vez máis habituais. Sabemos que hai preocupación e por iso quixemos poñer en marcha esta xornada”.

Para a organización desta actividade Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Garda Civil. A asociación ribadense agradece “o apoio da Subdelegación do Goberno en Lugo e do cuartel da Garda Civil de Ribadeo para poder levar adiante esta actividade”.

0.18173789978027