A ANPA do CEIP Virxe do Carme de Burela organiza unha serie de charlas sobre nenos e afeccións médicas

AMariñaXa
A ANPA do CEIP Virxe do Carme de Burela organiza unha serie de charlas sobre nenos e afeccións médicas para pais
1 charla pediatra burela
27 Nov 2022

A ANPA do CEIP Virxe do Carme de Burela organiza unha serie de charlas sobre nenos e afeccións médicas, para explicar se hai motivos ou non para ir ao pediatra.

A primeira delas será o vindeiro mércores 30 de novembro ás 18.30 horas e tratará sobre a febre, a seguinte, o martes 13 de decembro ás 18.30 horas será infeccións respiratorias.

Ambas xornadas estarán impartidas por Inma G. Arroyo, pediatra de San Cibrao e cooperante internacional en atención pediátrica e serán no salón de conferencias da antiga biblioteca.

Para o vindeiro ano 2023 teñen programadas outras charlas sobre gastroenteritis, lesións na pel do bebé e accidentes domésticos.

charla pediatra burela
0.17769598960876