A Anpa do CEIP Juan Rey de Lourenzá ofrece o servizo de madrugadores e boas tardes
A Anpa do CEIP Juan Rey do Concello de Lourenzá prepara un servizo de madrugadores e boas tardes para poder axudar a todas as familias a conciliar.
"Oxalá todos os esforzos por conseguilo sexan bos e que as familias fagamos uso del para que non desaparezca", din dende o Anpa.
Os horarios dos madrugadores serás de 8.00 a 9.00 horas e de boass tarde de 16.20 a 19.20 horas, ademais pódense anotar nos dous servizos.
Para anotarse e saber o número de nenos e poder comezar e planificar todas as actividades recomendan cubrir a seguinte enquisa.
Por outra banda, estanse a levar a cabo as obras de mellora da eficiencia enerxética no CEIP Juan Rey, ás que se destinan preto de 311.400 euros, e que foron licitadas en setembro do 2021.
Entre as actuacións destacan a substitución de portas e ventás por unhas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e vidros de dobre acristalamento, baixo emisivos, acústicos, de seguridade e con cámara de aire intermedia. Terán apertura oscilobatente para facilitar a ventilación e tamén se inclúe a substitución das caixas de persianas.
Así mesmo, incorpórase illamento na cuberta e cámbianse os equipos de iluminación por outros tipo LED de menor consumo, con regulación luminosa e detectores de presenza na zona administrativa, nas aulas, na biblioteca e no comedor. Nos tres últimos espazos tamén se colocará falso teito acústico.
Tamén se inclúe a instalación falso teito nos aseos; substitución dos radiadores en mal estado; reparación de pequenas avarías en tubaxes e pintado dos paramentos interiores nos que se actúa pola substitución de carpinterías. Ademais, na escaleira de acceso principal colócase unha pérgola similar ás existentes no colexio. As obras comezaron no verán para avanzar ao máximo durante as vacacións escolares e está previsto que rematen a finais de setembro.