A ANPA do CEIP da Pontenova amplía as súas propostas cun curso de artes plásticas

AMariñaXa
Impartido por Rocío Fernández Paz, o curso busca estimular a creatividade a través de diversas técnicas plásticas, como estampación, collage, modelado e reciclaxe
manualidades-pinceles-pinturas
7 Out 2024

A ANPA do CEIP da Pontenova amplía a súa oferta de propsots cun curso extraescolar de artes plásticas creativas, proposta innovadora para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos a través da que ofrecen actividades que fomentan a imaxinación e a expresión artística. Impartido por Rocío Fernández Paz, o curso busca estimular a creatividade a través de diversas técnicas plásticas, como estampación, collage, modelado e reciclaxe.

O programa, que se desenvolverá ao longo de todo o curso escolar, contará cunha sesión mensual dedicada a unha técnica específica, onde os participantes experimentarán con materiais variados, incluíndo papel, cartón, feltro e máis. Ademais, todos os materiais están incluídos no prezo de 20 euros por mes. Os obxectivos deste curso inclúen o desenvolvemento do pensamento abstracto, a motricidade fina, a expresión dos sentimentos e a planificación de proxectos.

As clases están deseñadas para traballar a concentración e a capacidade de atención dos nenos a través de actividades manuais variadas, promovendo tamén o compañeirismo e a conciencia sobre a reciclaxe. Con prazas limitadas a 15 nenos por grupo, esta actividade está chamada a ser un espazo de experimentación artística e aprendizaxe creativa.

0.15166211128235