Numerosas incidencias na provincia pola chuvia e a neve

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Xa hai carreteras cortadas e numerosas incidencias en Vilalba, Begonte, Guitiriz, Muras e Castro de Rei.
17 Jan 2023

Xa hai carreteras cortadas e numerosas incidencias en Vilalba, Begonte, Guitiriz, Muras e Castro de Rei. Por nevada foi cortado o acceso á meseta.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior mantén activado o Plan Especial  ante o risco de inundación en Galicia (Inungal), en situación de alerta, ante o posible desbordamento dos ríos Lérez, en Pontevedra; Mera, en Ortigueira; Furelos, en Santiso; Mandeo, en Aranga; Mendo, en Betanzos; Ouro, en Foz; Parga, en Guitiriz; Ladra, en Vilalba e Begonte; Tambre, en Oroso; Rego das Densas, en Valdoviño;  Cobo, en Cervo; Miño, en Lugo, A Peroxa e Ourense; Sor baixo, no Vicedo; Xallas 1, en Santa Comba; Ulla, en Santiso; Labrada, en Fraga, Sil, en O Barco de Valdeorras; Avia, en Ribadavia; Arnoia, en Baños de Molgas; e o Tela, en Salvaterra.

Segundo a información recibida mediante os sistemas de control e seguimento, ao superar os limiares establecidos, estes cursos están a presentar un crecemento significativo dos seus caudais, polo que poden chegar a darse desbordamentos puntuais.

O 112 Galicia advirte que a lista podería ampliarse, dada a previsión de choivas abundantes que indican os servizos meteorolóxicos.

A Xunta tamén decidiu suspender o transporte escolar durante toda a xornada deste martes nas zonas de montaña de Lugo e Ourense. A Comisión Escolar de Alertas da Consellería de Educación tomou esta decisión ante as nevadas esperadas por mor do temporal. Tamén está pechada a circulación na A6 pola neve entre Vega de Valcáre e As Nogais.

Á borrasca Gerard, que afecta desde este luns á comunidade, hai que sumar a de Fien, que entrou hoxe. Ambas borrascas obrigaron a activar en Galicia un conxunto de alertas por choivas, vento, neve e ondada que se prolongará, polo menos, ata o mércores.

AS INCIDENCIAS

En Vilalba se presentaron varias incidencias xa. Actualmente, hai varías vías cortadas ao tráfico nos tramos indicados, debido a que presentan zonas inundables.

  • A estrada entre o Carrizo (Santaballa) e o cruce con Refingoi (Codesido) está cortada á altura da charca do Alligal.
  • A estrada entre a Ribeira (San Simón) ata o cruce de Samarugo tamén está cortada.
  • A estrada entre o Campo do Cristo (Goiriz) ata o cruce de Samarugo tamén está cortada por presentar zonas inundadas.
  • Na parroquia de Árbol, á  altura do qiilómetro 2 da LU-120.

En Guitiriz están a rexistrarse diferentes incidencias nas estradas do municipio, como pode ser a de Ferreira a Mariz, a de San Salvador a Bascuas ou outras nos Vilares, en Santa Cruz. No CIT de Parga están asolagadas varias instalacións como a cafetería, zona fluvial, parque infantil, pista de baloncesto, pista de fútbol, pista de petanca.

En Castro de Rei está cortada a estrada que vai dende Castro de Rei a Sandamil, Hedrosa, Bazar.

No Corgo está cortada a estrada LU-P-1611 a altura das Casetas dende o quilómetro 8 ata o 8.1 en ambos sentidos.

En Cospeito, a LU-P-1702 sufre inundacións á altura do quilómetro 1.

En Begonte unha persoa resultou ferida ao quedar atrapada no vehículo dentro da auga no quilómetro 525 de la N-VI. Así mesmo tiveron que ser evacuadas da súa vivenda tres persoas (unha delas un menor) no lugar de Riocaldo. Por outra banda, o Concello avisou que as inundacións que se están a producir afectaron ó transformador que bombea a auga, unha vez se esgote a reserva do depósito quedará o servizo sen suministro. Situación similar prodúxose en Bergondo pero con 4 persoas implicadas.

En Alfoz, na zona de Fazouro, a borrasca Gérard tamén se está facendo notar, onde ríos como o Landro ou o Ouro tiveron crecidas.

Na estrada provincial LU-P-3806, de Ourol a Sixto, cortouse a estrada tras o afundimento dun lateral da vía provocado polas intensas choivas destes días. Os técnicos provinciais traballan xa nunha avaliación técnica e económica para determinar os danos sufridos pola vía e, deste xeito, reducir ao máximo o corte da estrada.

TRABALLOS DE LIMPEZA DE VÍAS

A Deputación de Lugo está a traballar nas 83 estradas provinciais afectadas polas fortes choivas e nevaradas que están a producirse estes días por mor dos temporais. A institución mantén despregados 62 operarios e 40 máquinas e vehículos para paliar os efectos das inclemencias meteorolóxicas na rede viaria provincial, un dispositivo que traballa en 11 municipios da Montaña e a Ribeira Sacra.

Os concellos afectados son Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil e Samos. Nas vías destes municipios transítase con dificultade, e ademais están pechadas por caídas de árbores e desprendementos 6 estradas de 5 concellos da Terra Chá.

O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 62 operarios, 24 máquinas quitaneves con saleiro, 8 pick up con saleiro e cuña quitaneves, e 8 vehículos todoterreo de apoio. Así mesmo, os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.

A Deputación de Lugo mantén activo o dispositivo que puxo en marcha esta noite ante a previsión de nevaradas. As estradas provinciais afectadas polo temporal de chuvia e neve son as seguintes:

  • Baleira: LU-P- 0401, de Corveira, por Córneas ao Restelo; e LU-P-0405, de Fonteo á Lastra.
  • Becerreá: LU-P-0704, de Cereixal por Penamaior á Escola de Montaña; a LU-P-0707, de Armesto por Torés ás Nogais; LU-P-0708, de Cereixal a Louxas; LU-P-6221 de Triacastela polo Alto de Albela a Guilfrei; e LU-P-0702, da Estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada.
  • Folgoso do Courel: LU-P-1301, de Seoane de Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Ferreira do Incio; LU-P-4501, do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos a Courel e acceso a Meiraos; LU-P-4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes a Folgoso do Courel; LU-P-4505, de Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro por A Seara e Ferramulín ao límite provincial; e LU-P-5601, de Samos ao Courel e ramal a Santa Mariña.
  • Cervantes: LU-P-1401, da LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial; LU-P-1404, de San Román a Quindous; LU-P-1405, de Campa da Braña a Tres Bispos; LU-P-1411, de Vilanova ao Portelo; LU-P-1412, de Quindous a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos; LU-P-0702, da Estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada; LU-P-1402, de San Martín da Ribeira por Quindous a Chaovilarín a Vilaquinte; LU-P-1403, de Vilanova a Santa Marta; LU-P-1406, de Trabado á pista dos Prados; LU-P-1407, de Bolois a Vilanova; LU-P-1408, de Fonquente a Noceda; LU-P-1409, de Quindous, por Vilar, a Robledo; LU-P-1410, de San Marín da Ribeira por Couso á LU-P-1404; LU-P-3505, de Navia por Silvouta e Vilaquinte a Donís; e LU-P-4505, de Pedrafita ao Portelo.
  • A Fonsagrada: As 15 estradas provinciais do municipio están afectadas.
  • Navia de Suarna: LU-P-3501, da LU-722 por Paradela ao Alto do Restelo; LU-P-3502, de Muñís a Rao (pechada); LU-P-3508, de Rao por Murias a Balouta; LU-P-3505, de Navia por Silvouta e Vilaquinte a Donís; LU-P-3509, de Navia por Virigo ao alto de Labiadas; LU-P-1901, da Fonsagrada a Navia; LU-P-3503, de Silvouta, por Vallo, a Vilor; LU-P-3511, da LU-P-3507 por Abrente a Asturias; e LU-P-3512 de Cancela da Serra por Son e Robledo á LU-722.
  • Negueira de Muñiz: LU-P-3601, do Acebo a Negueira de Muñiz; e LU-P-3602, do Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias.
  • As Nogais: LU-P-3701, das Nogais, por Pintinidoira á LU-P-4504; LU-P-4503, de San Pedro, por Busnullán e Vilasol a Nullán.
  • Pedrafita do Cebreiro:  As 8 estradas provinciais do municipio están afectadas.
  • Quiroga: LU-P-5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por A Seara e Ferramulín ao límite provincial; LU-P-5002, de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor; e LU-P-5005, de Alto de Aldriz a Vilar de Lor.
  • Samos: LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte Lóuzara a Praducelo; LU-P-5601, de Samos a Courel e ramal Santa Mariña; LU-P-1306, de Megoxe á Ferrería do Incio; e LU-P-5605, de Parada, por Santalla a Ponte Lóuzara.

As seguintes estradas da Terra Chá están cortadas por incidencias:

  • Outeiro de Rei: LU-P-5101, Rábade (N-VI) – Friol (LU-232) (Ponte Oriz inundado)
  • Xermade: LU-P-2207, A Raiola (LU-P-6513) – Ponte Corbal – Buriz (LU-170)
  • Guitiriz: LU-P-2101, Friol (LU-934) – Parga (LU-242)
  • Cospeito: LU-P-1701, Feira do Monte (LU-111) – Muimenta (LU-120)
  • Castro de Rei: LU-P-1110, Santa Leocadia (LU-P-1611) – Ansemar – Ludrio (LU-P-1102)
  • Begonte: LU-P-0802, Begonte (N-VI) – Santalla

Desprendemento en Quiroga

Os técnicos da Deputación de Lugo atópanse traballando para despexar a estrada provincial LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por A Seara e Ferramulín ao límite provincial, no concello de Quiroga. Unha vez librada farase unha avaliación técnica e económica dos danos por parte da institución provincial.

A vía sufriu a noite do  luns o desprendemento da ladeira da montaña por motivo das fortes choivas. Este suceso arrastrou varios vehículos e provocou o risco de caída dunha vivenda. Non se produciron danos persoais.

RECOMENDACIÓNS

A subida inesperada dos caudais dos ríos pode dar lugar a desbordamentos puntuais e, consecuentemente, a inundación eventual dun terreo, un espazo urbano ou propiedades. Por iso, o 112 ofrece os seguintes consellos:

  • Abandona as actividades que poidas estar a realizar nos espazos fluviais
  • Retira vehículos da marxe dos ríos
  • Evita atravesar pontes ou torrentes
  • No caso de que a auga alcance o teu vehículo, sal e sitúache nunha parte alta

A Delegación do Goberno lembra que as medidas xerais de protección a adoptar ante un temporal de neve e frío son:

Se vai viaxar

  • Solicitar información previa do estado das estradas e da situación meteorolóxica.
  • Evitar a viaxe en coche sempre que non sexa necesario e utilizar, se é posible, transporte público.
  • En caso de ser imprescindible a utilización do vehículo, revisar pneumáticos, anticonxelante e freos. Ademais, hai que ter a precaución de encher o depósito da gasolina, e levar cadeas e elementos de abrigo.
  • Así mesmo, é recomendable levar un teléfono móbil e dispositivo de alimentación do mesmo.
  • Ir moi atento para ter especial coidado coas placas de xeo. É difícil determinar en que lugar do traxecto poden formarse, aínda que xeralmente as zonas de sombría son as máis habituais.

Se queda atrapado pola neve

  • Debe permanecer no coche, se o temporal sorpréndelle dentro do mesmo.
  • Así mesmo, é conveniente manter o motor do vehículo aceso e a calefacción posta, coidando renovar cada certo tempo o aire. É moi importante evitar quedar durmido.
  • Comprobar que se mantén libre, en todo momento, a saída do tubo de escape para que o fume non penetre no coche.
  • Se é posible, tente sintonizar as emisoras de radio, que seguramente lle informarán das predicións meteorolóxicas, as informacións oficiais sobre o estado da situación e as indicacións que se dean respecto diso.
0.15251803398132