A alcaldesa de Viveiro visitou a escola infantil para escoitar as propostas educativas

AMariñaXa
A alcaldesa de Viveiro e o tenente de alcaldesa visitaron a escola infantil para escoita as propostas educativas
viveiro alcaldesa escola infantil visita
3 Ago 2022

A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, e o tenente de alcalde, Jesús Fernández, visitaron a escola infantil municipal para escoitar as propostas da comunidade educativa do centro e da súa directora, Vanesa Martínez Luaces, pensando xa no curso 2022/23.

“Para nós, o ensino de cero a tres anos é unha prioridade, xa que favorece a conciliación da vida familiar e laboral”, asegura a alcaldesa.

“Queremos mellorar o funcionamento das instalacións, escoitando para iso as propostas da dirección”, engade.

0.18969297409058