A alcaldesa de Burela, Carmela López, reasigna parte do seu salario como rexedora entre catro concelleiros

AMariñaXa
A alcaldesa de Burela, Carmela López, vén de reasignar parte do seu salario como rexedora local que é duns 40.
Carmela Lopez PSOE Burela 2023
14 Mar 2024

A alcaldesa de Burela, Carmela López, vén de reasignar parte do seu salario como rexedora local que é duns 40.000 euros brutos anuais e dunha dedicación exclusiva, entre catro concelleiros.

Así, desde que tomou posesión o pasado 30 de xaneiro como deputada provincial onde leva a carteira de Economía, Facenda e Especial de Contas, posto que desenvolvía a ex rexedora trabadense Mayra García Bermúdez, distribúe o seu salario entre catro concelleiros bureleses.

Esta proposta, que foi aprobada no Pleno cos votos a favor do BNG e PSOE, reasigna así 4.000 euros máis anuais ao concelleiro de Obras, Benestar comunitario, Turismo e Mar, Ramiro Fernández Rey e pasará a cobrar unha dedicación parcial de 16.000 euros anuais.

A concelleira de Economía e Facenda e Festas e Festexos, Patricia Eijo, cobrará unha dedicación parcial de 12.000 euros anuais; a concelleira de Cultura e Comercio, Lina Gómez, percibirá unha dedicación parcial de 8.000 euros anuais, e o edil de Deportes e Sanidade, Carlos Méndez, cobrará 7.000 euros.

Tralo reparto salarial quedan 9.000 euros de remanentes que pasarán a formar parte do capítulo de gastos de persoal.

PARTIDO POPULAR

Dende o PP local condenan “a diferenciación no salario que percibirán as concelleiras con respecto aos seus homólogos homes. Especialmente “cando a alcaldesa fai pouco abandeiraba a loita pola igualdade entre homes e mulleres, pero agora premia cun 12 % máis de salario por unidade de xornada laboral aos seus concelleiros que ás súas concelleiras. Parece que para o Goberno local o labor das súas concelleiras é menos importante ou debe ter menor retribución que a dos concelleiros homes”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14314603805542