A alcaldesa de Barreiros revisa co Goberno as necesidades do concello

AMariñaXa
A alcaldesa Ana Ermida revisou temas como a EDAR de San Miguel e melloras nos areais
Barreiros-Reunión-co-Delegado-do-Goberto--2025
24 Mar 2025

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, acompañada da segunda tenente de alcaldesa, Carmen Veiga, reuniuse hoxe na Coruña co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. O encontro serviu para avaliar o estado dos proxectos nos que está implicado o Goberno do Estado e que afectan ao municipio.

Ermida destacou que se revisou o compromiso do Secretario de Estado sobre a construción da EDAR en San Miguel por parte da empresa pública ACUAES, así como as obras de mellora nos areais do concello, tanto as xa realizadas como as previstas para este ano.

Outro dos asuntos tratados foi a alegación presentada polo goberno municipal e o sector empresarial do polígono industrial barreirense ao proxecto da A74, na que solicitan a execución dun acceso directo ao polígono.

A rexedora valorou positivamente a reunión e a receptividade do delegado do Goberno ante as necesidades do concello. Ademais, agradeceu “o compromiso e a implicación na execución das propostas que trasladamos, traballando de forma coordinada para atender as demandas do municipio.”

⚙ Configurar cookies
0.31967115402222