A alcaldesa de Barreiros disponse a negociar cos socorristas ata acadar unha solución

TerraChaXa | AMariñaXa
Catorce socorristas reparten a vixiancia das praias de Barreiros.
Captura de pantalla 2019 07 26 a las 9.07.43
19 Jul 2019

Catorce socorristas reparten a vixiancia das praias de Barreiros. Once deles presentaron un escrito no Concello no que expresan a súa disconformidade coa decisión de asignar vixiancia á praia de Coto e ameazando con denunciar a Inspección de Traballo se a alcaldesa, Ana Ermida, non convocaba en 24 horas unha xuntanza para elaborar un novo cadrante do servizo.
Ermida di que reunirse non será un problema e que aceptará facelo ata que se chegue a unha solución cun cadrante «que cumpra as condicións de seguridade, pero as decisións sobre as praias que se teñen que vixiar non as toman os socorristas, senón o goberno».
Ademais, quéixanse os socorristas de que cobraban horas extras que nesta ocasión a alcaldesa ao parecer negouse a que realizaran, porque suporían unha retribución a maiores duns 10.000 euros. Ermida afirma que no primeiro cadrante, co cobro de horas extras, os socorristas si accedían a estar un só nalgunha praia cando agora se negan.
A raíz dun rescate realizado o pasado domingo na praia de Coto, o coordinador e o equipo de goberno consideraron prioritario asignar vixiancia á esa praia, pero o personal a quen se lle ordeou cubrila seica se negou facelo, segundo algunhas informacións. Para a rexedora, trátase dun un grave caso de indisciplina e desobediencia, que podería ter consecuencias.
Ermida di que o cadrante que se elaborou inicialmente polos socorristas era ilegal no relativo ao tempo de descanso e horas extras, por iso se modificou. Con el traslándanse socorristas a Coto, deixando descubertas praias colindantes e obringando aos vixiantes a ter que percorrer ata un kilómetro para atender posibles rescates.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17696404457092