A alcaldesa de Alfoz pide melloras para o SAF

AMariñaXa
Entre os temas abordados destacaron as actuacións necesarias para mellorar as instalacións da Vivenda Comunitaria e da Escola Infantil A Galiña Azul
Reunión-en-Santiago-da-Alcaldesa-Alfoz-co-Xerente-do-Consorcio
27 Jan 2025

A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, mantivo unha reunión co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, para tratar diversos asuntos relacionados coa mellora dos servizos municipais que afectan directamente á calidade de vida da veciñanza.

Entre os temas abordados destacaron as actuacións necesarias para mellorar as instalacións da Vivenda Comunitaria e da Escola Infantil A Galiña Azul, así como a problemática que afecta á prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un servizo fundamental para apoiar ás persoas en situación de dependencia e ás súas familias.

A alcaldesa cualificou a reunión como “positiva e produtiva”, destacando o compromiso do Consorcio para estudar as necesidades do municipio e avanzar nas actuacións. “Foi unha reunión onde abordamos temas prioritarios para Alfoz. Confío en que este traballo conxunto permita mellorar os espazos e servizos destinados tanto á nosa infancia como ás persoas maiores que máis o precisan”, declarou Efigenia Maseda.

Desde o Concello de Alfoz seguirase traballando para garantir a implantación destas melloras e facilitar a súa execución nos próximos meses, reforzando así o compromiso coa igualdade e o benestar da veciñanza.

0.15175199508667