A alcadesa de Alfoz visitou aos usuarios da Vivenda Comunitaria do Concello

AMariñaXa
A veciña de Alfoz Fuensanta Balseiro cumpriu cen anos o 12 de setembro e recibiu do Concello unha placa conmemorativa e un ramo de flores.
6 Xan 2024

Este venres 5 de xaneiro a alcadesa de Alfoz, Efigenia Maseda, acompañada pola Concelleira de Desenvolvemento Local, Judit Casabella; visitaron ás usuarias e usuarios da Vivenda Comunitaria do Concello para felicitarlles o aninovo, os reis e agasallalos cun conxunto de produtos de hixiene persoal. 

Efigenia e Judit gozaron dunha mañá de conversa e anécdotas tanto cos residentes como con Rosa María, traballadora da vivenda. Desta visita a alcadesa comentou “a satisfacción que dá ver a ilusión destas datas na xente, independentemente dos anos de experiencia que un teña”.

Dende o Concello de Alfoz, aproveitamos para desexarlle a toda a veciñanza un bo comezo de ano e uns bos reis.

0.1049427986145