A Agrupación Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza a XXI Xornadas de historia local
A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza a vindeira edición das Xornadas de historia local que chegan á edición número 21.
Esta cita será os vindeiros 27 e 28 de xullo ás 20.30 horas no salón de actos da casa da música. Nesta ocasión, van falar dos usos do monte e da experiencia que teñen en Ribadeo de ditos usos: pasado, presente e futuro.
Comezará o xoves 27 coa charla sobre os Usos do monte ao longo do x. XX que estará a cargo de Xosé Antonio Meixide Fernández.
O seguinte día, o venres 28, haberá unha mesa redonda sobre o presente e futuro dos montes. Máis tarde Ana Cabana falará sobre o Uso dos montes e o conflictividade social, despois Daavid Soto Fernández farao sobre Novas perspectivas nos usos do monte e o caso da Barbanza, Anxo Martíns Pérez falará sobre O monte na parroquia de Vilaframil, e Iván Rodríguez Lombadero sobre O impacto dos aeroxeradores no monte.