A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza unha viaxe cultural a Sada e Betanzos

AMariñaXa
O percorrido inclúe visitas aos pazos de Meirás e Mariñán, así como un paseo pola arquitectura modernista de Sada
excursion-francisco-lanza-Ribadeo-2025
14 Mar 2025

A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha viaxe cultural a Sada e Betanzos o sábado 22 de marzo. O colectivo propón unha xornada de descuberta patrimonial que inclúe visitas aos pazos de Meirás e Mariñán, un percorrido polas edificacións modernistas de Sada e un paseo pola zona histórica de Betanzos. Ademais, visitarase o exterior do complexo de Cerámicas O Castro, en Sada.

A actividade ten un límite de 37 prazas e un custo de 50 euros para soci@s e 60 euros para non soci@s, incluíndo transporte, xantar e entradas. A saída está prevista ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Ribadeo.

As persoas interesadas deberán facer unha preinscrición antes do xoves 13 de marzo enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com. As prazas asignaranse por orde de chegada das solicitudes, notificando a inscrición por correo electrónico. No caso de cubrirse todas as prazas, habilitarase unha lista de espera.

⚙ Configurar cookies
0.051070928573608