A Agrupación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo cumpre 50 anos

AMariñaXa
A Agrupación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo cumpre 50 anos e para festexalo preparan unha festa para o 16 e 17 de xullo.
agrupacion francisco lanza ribadeo aniversario 50  1
13 Xul 2021

A Agrupación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo cumpre 50 anos e para festexalo preparan unha festa para o 16 e 17 de xullo. Esta será no auditorio de Cabanela, e dará comezo o venres ás 19.30 horas coa presentación da edición conmemorativa dos Cadernos Ribadenses, ademais contarán cos presidentes da asociación.

Xa o sábado 17 ás 12.30 horas será a celebración dos 50 anos con música, poemas, teatro e moitas sorpresas, ao mediodía haberá un xantar de confraternidade por un prezo de 15 euros para o que é necesario a reserva previa.

Pola tarde, ás 16.30 horas será a quenda de diferentes actividades a escoller, como un paseo en barco pola ría, un paseo pola antiga muralla, polo Ribadeo ilustrado ou polos 1000 banzos.

agrupacion francisco lanza ribadeo aniversario 50
0.18548202514648