A agrupación cultural Dambara de Burela pecha o curso cunha acampada

AMariñaXa
Os asistentes desfrutarán da natureza e do tempo en boa compañía no miradoiro Monte Castelo
dambara_burela
21 Xuño 2024

A agrupación cultural e musical Dambara de Burela pecha o curso, como cada ano, cunha acampada no miradoiro Monte Castelo os días 29 e 30 de xuño. Os asistentes desfrutarán dende o sábado pola mañá ata o domingo da natureza e do tempo en boa compañía.

Haberá comida, música, festa para desconectar do curso. Os tíckets, que son gratis para os socios e teñen un prezo de 20 euros para os non asociados, estarán á venda o propio día.

0.17973399162292