A afortunada gañadora da cesta sorteada na campaña 'O teu café ten premio' recibiu o seu agasallo
AMariñaXa
Fe Rodríguez Rocha foi a gañadora dunha cesta con produtos relacionados co mundo do café, sorteada durante o Campionato Internacional de Baristas e Cata de Cafés

27 Feb 2025
Tivo lugar a entrega da cesta sorteada na campaña 'O teu café ten premio', organizada por Acia Foz-CCA, que se desenvolveu entre o 17 e o 23 de febreiro, enmarcada no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés celebrado no IES de Foz.
A gañadora, Fe Rodríguez Rocha, recibiu o agasallo de mans do presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, de José Manuel Martínez Yáñez, encargado de CoffeeUrbanRoasters, e de Kathy Navarro, concelleira de Comercio. A cesta, composta por produtos exclusivos relacionados co mundo do café, foi sorteada o día 23 de febreiro en Radio Foz.
Para participar no sorteo, só era necesario consumir café entre o 17 e o 23 de febreiro nos 10 locais de hostalería de Foz adheridos á campaña.