A AECC organizará roteiros saudables os mércores por Burela
AMariñaXa
A delegación da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizará roteiros saudables os mércores nos diferentes concellos.
5 Maio 2021
A delegación na Mariña da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizará roteiros saudables os mércores en Burela.
Previr o cancro, xestionar o cansazo e gañar en saúde serán os obxectivos dunhas camiñadas que darán comezo o mércores 12 cun roteiro que partirá da Casa do Concello e terminará na área recreativa de O Cantiño.
Dará comezo ás once da mañá e cubrirá un percorrido de 4,6 quilómetros. A iniciativa é gratuíta e pódese obter máis información no teléfono 982 250 809 ou no correo electrónico lugo@aecc.es.