A ACX O Castelo de Alfoz organizará a festa de Entroido o luns 12 de febreiro

AMariñaXa
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo en colaboración co Concello de Alfoz organizará a festa de Entroido o vindeiro luns 20 de febreiro.
7 Feb 2024

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo en colaboración co Concello de Alfoz organizará a festa de Entroido o vindeiro luns 12 de febreiro.

As inscricións serán de xeito presencial o día do desfile a partir das 19.30 e ata as 21.00. O desfile comezará a partir das 21.00 horas co infantil e máis tarde co de adultos.

Despois haberá unha festa e baile coa Discomobil Eventec e farase entrega dos premios, que repartirán un total de 1.870 euros, e que este ano aumentan na categoría comparsas.

Pódense consultar as bases completas aquí.

0.08449387550354