A actriz Berta Ojea estará en Ourol o vindeiro día 29 de novembro
AMariñaXa
O Concello de Ourol acolle o día 27 de abril unha charla sobre mobilizaicón e coidados de persoas dependentes.
24 Nov 2023
A actriz Berta Ojea estará en Ourol o vindeiro día 29 de novembro ás 18.30 no edificio multiusos nunha charla-encontro. A entrada ao evento é libre e gratuíta.
Ojea é sen dúbida unha das mellores actrices do cine español. Traballou en películas como Mortadelo y Filemón, La voz dormida de Benito Zambrano, Ochocientas balas de Álex de la Iglesia, El espinazo del diablo de Guillermo del Toro. En televisión traballou nas series RAPA, La que se avecina, La Reina del Sur, La Señora, A vida por diante, Aquí no hay quien viva, Hospital Central, Manos a la obra. Tamén fixo teatro e musicais e acaba de de ser galardoada co premio Mestre Mateo a mellor actriz de reparto pola súa interpretación na serie RAPA.