A actividade Froitos do Mar reuniu a 40 persoas para unha visita guiada, unha degustación e música

AMariñaXa
Éxito dos Froitos do Mar, actividade organizada pola Concellería de Turismo de Ribadeo, que reuniu a 40 persoas este sábado en Rinlo.
Ribadeo 2023  Foto Froitos do Mar 2
17 Sep 2023

Éxito dos Froitos do Mar, actividade organizada pola Concellería de Turismo de Ribadeo, que reuniu a 40 persoas este sábado en Rinlo. Houbo visita guiada, degustación gastronómica e música.

Os asistentes visitaron desde as once e media da mañá as cetarias, da man de Ana Pena Rouco, guía oficial de Galicia e xerente de Guía tu Día e Vitoria Amor Fernández, mariscadora de profesión e alma de Rinlo.

Xa na praza de San Pedro ás 13 horas tivo lugar unha mostra degustación de Froitos do Mar con produtos típicos desta vila mariñeira como lagosta, centola, nécora e percebe, a cargo de Antonio Botana, membro do Grupo Nove e chef do Ramonita Ribadeo.

A xornada concluíu cun concerto de Abril na mesma praza de San Pedro, de Rinlo.

Desde o Concello de Ribadeo fan unha valoración moi positiva da acollida que tivo esta proposta “xa que as 40 prazas ofertadas esgotáronse en tres días”. Trátase dunha actividade ideada para desestacionalizar o turismo e aproveitar os últimos días do verán e o inicio do outono en Ribadeo, xa que para o 23 e 24 de setembro están organizados os Baños de Mar.

Ribadeo 2023 Foto Froitos copia
0.17449283599854