A ACR Fervenza de Sargadelos celebra o Samaín en Cervo cunha morea de actividades

AMariñaXa
O vindeiro 31 de outubro a ACR Fervenza de Sargadelos celebra o Samaín en Cervo cunha morea de actividades para todos os nenos da veciñanza.
samain a fervenza cervo 2022 1
24 Out 2022

O vindeiro 31 de outubro a ACR Fervenza de Sargadelos celebra o Samaín en Cervo cunha morea de actividades para todos os nenos da veciñanza.

Ás 16.30 horas comezará unha tarde cargada de actividades na que haberá un obradoiro de cartón, monicreques, estantiga das ánimas, un concurso de cabazas e tampouco faltará unha chocolatada.

Para o obradoiro é preciso inscribirse antes do día 28 de outubro en fervenzadesargadelos@gmail.com, xa que as prazas son limitadas.

Dende a organización lembran que as cabazas deberán estar decoradas por cada persoa participante e deberase estar presente durante o evento.

samain a fervenza cervo 2022
0.18474102020264